García Camba convértese na "rúa dos notarios"

Pontevedra
21 de febreiro 2014

O Boletín Oficial do Estado (BOE) deste venres 21 de febreiro publica o nomeamento de José Pedro Riol López como novo notario de Pontevedra, ocupando a praza que deixara vacante por xubilación voluntaria antes de cumprir a idade legalmente establecida, Eduardo Méndez Apenela

Baixo do Edificio Las Torres
Baixo do Edificio Las Torres / Mónica Patxot

O Boletín Oficial do Estado (BOE) deste venres 21 de febreiro publica o nomeamento de José Pedro Riol López como novo notario de Pontevedra, ocupando a praza que deixara vacante por xubilación voluntaria antes de cumprir a idade legalmente establecida, Eduardo Méndez Apenela.

Pedro Riol, que compartiu o seu despacho en Vigo co irmán de Mariano Rajoy, elixiu para instalarse en Pontevedra o baixo do Edificio de Las Torres, na rúa García Camba. Durante os últimos meses acometeuse a reforma interior deste local, que anteriormente ocupou Caixanova, para acondicionalo á súa nova función.

O novo notario contará con moitos dos empregados que antes traballaban con Apenela, cuxo despacho na rúa Andrés Muruais atendía o maior volume de traballo en Pontevedra.

Curiosamente, esta mesma rúa acolle dende hai varias semanas as oficinas doutro notario, Francisco León Gómez, que trasladou o seu despacho dende a rúa Riestra ata o edificio de Los Castellanos.

NOTARIA DE MARÍN

O BOE tamén publica o nomeamento de María Ángeles Otero Seivane como notaria de Marín, ocupando a praza que deixara vacante por xubilación José Jesús Rodríguez Yebra.

Oteiro Seivane era xunto a Ana Teresa Canoa Perez, notaria en Cangas do Morrazo.