A Garda Civil detivo un veciño de Moaña de 40 anos ao que sorprenderon in fraganti mentres tentaba roubar no interior da tenda da gasolineira BP de Paredes, en Vilaboa.
Segundo a información oficial da Garda Civil, unha patrulla sorprendeuno e o sospeitoso, ao decatarse da presenza dos axentes, tentou fuxir da zona.
Non o conseguiu, senón que foi interceptado de inmediato, detido e e trasladado posteriormente a dependencias policiais.
Deste home xa constan antecedentes por feitos similares e foi posto a disposición do Xulgado de Garda de Cangas de Morrazo.
Atribúeselle un delito de roubo con forza, segundo confirma a Garda Civil.
A investigación continúa aberta, xa que a Garda Civil non descarta a participación doutras persoas neste mesmo roubo.