O Goberno concede axudas para puntos de recarga de vehículos eléctricos en Pontevedra, Poio e Caldas

Pontevedra
01 de xullo 2026

Concretamente no Hotel Duerming París en Poio, unha estación na autoestrada AP-9 en Caldas de Reis, e outra no Carrefour de Salcedo

Punto de recarga para vehículos eléctricos
Punto de recarga para vehículos eléctricos / AUDASA

O Goberno anunciou un investimento próximo aos 1,8 millóns de euros para instalar sete novas estacións de recarga rápida e ultrarrápida para vehículos eléctricos en diferentes municipios, entre eles Pontevedra, Poio e Caldas de Reis.

Esta iniciativa forma parte do programa MOVES Corredores de Recarga, impulsado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e financiado con fondos europeos NextGenerationEU.

Abel Losada, subdelegado do Goberno en Pontevedra, destacou que estas iniciativas "facemos que a mobilidade eléctrica sexa máis accesible e fiable", e tamén representan un compromiso tanxible coa descarbonización e a mellora de servizos para a cidadanía, explicou.

Entre as infraestruturas que se desenvolverán destacan puntos ultrarrápidos no Hotel Duerming París en Poio, unha estación na autoestrada AP-9 en Caldas de Reis, e outra no Carrefour de Salcedo.

Tamén se inclúen novos cargadores en Mos, A Caniza e no aparcadoiro do Aeroporto de Peinador.

A nivel nacional, o programa MOVES destina un total de 97 millóns de euros para 341 proxectos que ampliarán a rede pública de recarga ao longo da rede transeuropea de estradas.

Galicia destaca como a terceira comunidade con máis proxectos aprobados, só superada por Andalucía e Castela-A Mancha.

En conxunto, estas iniciativas permitirán sumar 2.674 novos puntos de recarga en toda España, achegando ao país aos seus obxectivos climáticos e de mobilidade sostible.

Desde o inicio do plan MOVES, o Goberno mobilizou máis de 3.000 millóns de euros para fomentar a mobilidade eléctrica, resultando na compra de máis de 204.900 vehículos eléctricos e a instalación de 160.000 puntos de recarga.