Os cambios sobre tránsito peonil, estacionamento e circulación de vehículos na Avenida da Mariña e Doctor Tourón que se comezaron a aplicar esta semana por parte do Concello de Vilagarcía, están a ser motivo de réplica e contrarréplica entre goberno e oposición.
Se este pasado xoves desde os grupos municipais do PPdG e do BNG pronunciáronse en contra desas novidades na mobilidade de peóns e vehículos nos dous céntricos viais, este venres desde o PSdG saíron a defender as decisións adoptadas.
"As medidas que se están adoptando na Avenida da Mariña teñen como único e principal obxectivo mellorar a seguridade e accesibilidade dos peóns e a mobilidade urbana" sinalan desde o goberno local que preside Alberto Varela.
Si se enmiendan na sinalización horizontal, recoñecendo que "as siluetas pintadas crean confusión" pero engaden que se puxeron para evitar que os vehículos invadisen a franxa coa que se pretende gañar espazo para ensanchar a beirarrúa e que se realizará "tan pronto como se dispoña de orzamento".
A este respecto tamén expón o Concello que "as persoas continuarán circulando pola cara interna da beirarrúa de forma segura, accesible e libre de obstáculos" e que "disporán de máis espazo para poder transitar comodamente pola marxe dos edificios grazas á redistribución da calzada que se está ejecutanto e que permitirá desprazar as terrazas cara á zona externa da beirarrúa".
Respondendo igualmente ás críticas de populares e nacionalistas, desde o goberno local indican que o peón e a súa seguridade sempre son a prioridade das súas políticas de mobilidade, e que tratan de facer compatibles estas medidas coa actividade comercial e hostaleira.
Así, "velando polos intereses de todos os sectores da poboación, na Avenida da Mariña decidiuse crear unha zona de servizo para estacionamento de até 30 minutos; e a proposta de Zona Aberta, habilitar a zona azul na marxe do parque Miguel Hernández para estacionamentos de até hora e media".
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.