Pontevedra contará desde este venres con dúas novas estacións de mantemento e inflado de bicicletas.
O concelleiro de Servizos Urbanos Básicos, Xaquín Moreda, foi o encargado de presentar estas dúas novas localizacións situadas en "dous puntos estratéxicos" da cidade.
En concreto, unha das estacións sitúase no inicio da rúa do Gorgullón, mentres que a outra está instalada na praza do Burgo , xunto á estación de servizo.
Moreda explicou que ambos os emprazamentos rexistran un elevado tránsito de ciclistas ao tratarse de puntos de paso habituais cara a diferentes rutas.
As estacións funcionan mediante un sistema similar ao dos carriños da compra, sendo necesario introducir unha moeda para acceder a un pequeno armario que contén diversas ferramentas.
Entre elas inclúense chave inglesa, alicates, chaves Allen e unha bomba de pé para inflar as rodas.
O concelleiro destacou que esta iniciativa contribuirá a mellorar a vida da cidadanía, especialmente dos deportistas, afeccionados ao ciclismo e usuarios da bicicleta como medio de transporte.
Tamén confiou en que os veciños fagan uso destas instalacións e poidan sacarlles o máximo proveito.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.