Goyo Revenga acusa a Ciudadanos de expulsalo por facer "algo similar" que Inés Arrimadas

Pontevedra
22 de xullo 2020

Dous días despois de transcender a súa expulsión de Ciudadanos, partido que o tachou de tránsfuga, Goyo Revenga confirmou que non entregará a súa acta de concelleiro e continuará na corporación, como edil non adscrito, os tres anos que restan ata o final do mandato

Goyo Revenga Mónica Patxot

Dous días despois de transcender a súa expulsión de Ciudadanos, partido que o tachou de tránsfuga, Goyo Revenga confirmou que non entregará a súa acta de concelleiro e continuará na corporación, como edil non adscrito, os tres anos que restan ata o final do mandato.

Nunha comparecencia na que foi moi crítico co partido, o xa ex edil de Ciudadanos asegurou que a súa expulsión prodúcese por facer "algo similar" ao que está a facer a nova líder da formación liberal, Inés Arrimadas.

Ciudadanos, lembra Revenga sobre o partido ao que se afiliou hai cinco anos, naceu para ser "moderado" e poder chegar a acordos "en beneficio de la cidadanía", unha filosofía que segundo o concelleiro pontevedrés recuperou Arrimadas desde o pasado mes de marzo.

"El tiempo me está dando la razón", sinalou o edil, que explicou que desde que anunciou ao seu partido que votaría a favor dos orzamentos municipais tras incluír partidas de 500.000 euros -principalmente para os servizos sociais- "me advirtieron que me abrirían un expediente disciplinario" que, cinco meses despois, carrexou a súa expulsión.

Esta negociación, defendeu Goyo Revenga, "no era incompatible" cos "valores e ideales" do seu ex partido político e produciuse respectando o seu compromiso de achegar á escena política municipal "diálogo, mesura y entendimiento".

"No he sido un rebelde ni tampoco un valiente, he sido coherente con lo que siempre he expresado", insistiu o ex líder de Ciudadanos en Pontevedra, que asegura que "lo que no voy a consentir" é que o partido o cualifíque de tránsfuga porque "yo no me he ido a ningún sitio ni he aceptado nada a cambio de mi voto, han sido ellos los que me han echado".

Da súa expulsión Revenga fai responsable á dirección galega e nacional dun partido que, ao seu xuízo, renunciou a "abanderar" a rexeneración da vida política e "en tan poco tempo se ha convertido en vieja política", algo que provocou que os galegos "hayan dado la espalda de manera incontestable a nuestro partido".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora