Baixo a lema "Grazas polas vosas ganas", este martes reuníronse no Liceo Casino de Pontevedra máis de 200 voluntarios da Asociación Española Contra o Cancro de toda a provincia.
Este Encontro Anual de Voluntariado deu comezo coa benvida de Ana García, presidenta provincial, que cumpre un ano á fronte da entidade, e contou tamén coas intervencións da deputada de Benestar Social e Igualdade, Sandra Bastos; a directora territorial de Presidencia, Xustiza e Deportes, Blanca García-Señoráns e do delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera.
A xornada continuou cun espazo no que participaron pacientes e familiares de distintos departamentos da entidade, como psicoloxía, logopedia, fisioterapia ou préstamo de material ortoprotésico; co obxectivo de reflectir o impacto positivo que xera o labor da Asociación nas súas vidas, acompañándoos e apoiándoos durante todo o proceso da enfermidade.
Seguidamente, o equipo de voluntariado tomou voz para compartir os seus testemuños, labor e experiencias facendo partícipes a todos os asistentes do que esta actividade lles reporta nas súas vidas.
O obxectivo deste encontro foi fortalecer o sentido de pertenza ao equipo de voluntariado da Asociación, promover e dar recoñecemento ao valor do incansable labor dos diferentes perfís de voluntariado e visibilizar e dar voz ao propio voluntariado.
A sede provincial da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra conta con ao redor de 700 voluntarios.
O modelo de voluntariado da entidade busca ser flexible para adaptarse á situación persoal de cada un; pode ser de forma puntual, recorrente, presencial ou online. Ademais, na entidade contan con distintas modalidades de voluntariado para adaptarse ás preferencias de cada un deles.
Entre estas atópanse o voluntariado de: acompañamento en hospital ou domicilio, información, testemuñal, obtención de recursos, prevención, alimentos, etc.
As persoas que se desexen sumar ao voluntariado da Asociación poden consultar as ofertas na provincia, contactar directamente con calquera das sedes locais da entidade ou chamar ao teléfono gratuíto e 24 horas 900 100 036. Realizarase unha entrevista coas coordinadoras para informar máis en detalle e valorar a incorporación en función dos intereses, motivacións e dispoñibilidade da persoa.

Encontro Anual de Voluntariado co lema "Grazas polas vosas ganas"

Encuentro Anual de Voluntariado

Encontro Anual de Voluntariado (2)

Encontro Anual de Voluntariado

Encuentro Anual de Voluntariado

Encontro Anual de Voluntariado

Encontro Anual de Voluntariado

Encontro Anual de Voluntariado

Encontro Anual de Voluntariado co lema "Grazas polas vosas ganas"

Encuentro Anual de Voluntariado

Encontro Anual de Voluntariado (2)

Encontro Anual de Voluntariado

Encuentro Anual de Voluntariado

Encontro Anual de Voluntariado

Encontro Anual de Voluntariado

Encontro Anual de Voluntariado
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.