O concelleiro de Promoción Económica do Concello de Poio, Gregorio Agís, achegou á veciñanza o proxecto para a rehabilitación integral da Rúa Ramón Encinas, en Raxó. Foi nunha xuntanza celebrada este domingo no Centro Xaime Illa.
Agís comentou os aspectos máis destacados da actuación e deu resposta ás dúbidas planteadas polos asistentes.
O proxecto conta cun orzamento superior aos 800.000 euros e está financiado a través de fondos do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDEA) nun 80% o restante 20% achégase con fondos municipais.
Renovación completa dos servizos, saneamento, pluviais, telecomunicacións, redes eléctricas, alumeado público, abastecemento, mellora da seguridade viaria e a dotación dunha superficie para facilitar o tránsito peonil e en bici son algunas das cuestións nas que redunda este proxecto.
Segundo valorou Agís, será unha actuación "histórica e moi demandada pola veciñanza nunha contorna como a do peirao, un dos centros neurálxicos a nivel social e económico da parroquia", sinala Agís.