O 112 Galicia recibiu senllas chamadas por embarcacións en problemas debido á presenza dun grupo de candorcas que se estaría desprazando pola Ría de Arousa.
As embarcacións, que resultaron danadas e con tripulación a bordo, atopábanse navegando pola contorna da Illa de Arousa e de Ribeira.
Segundo informa o 112, as persoas estaban en perfecto estado de saúde, sen embargo, as embarcacións deben trasladarse a porto para comprobar posibles danos en ambos os dous cascos.
Debido a este feitos, o persoal do 112 Galicia trasladou a información a Salvamento Marítimo, que, non só confirmou a presenza dos animais, senón que xa tiñan enviado un aviso por radio.
Ademais, desde o 112 Galicia, alertouse á Garda Civil e aos axentes da Policía Local de senllos concellos da Illa e Ribeira.
Tamén foi informado o Centro de Estudos do Mamíferos Mariños (CEMMA).
Cómpre indicar que este grupo de animais atópanse moi próximos á costa entre Ribeira e A Illa de Arousa.