Guarro Casas e Ence: celulosa e sustentabilidade

Pontevedra
04 de xaneiro 2022

A alianza de Ence co fabricante de papel Guarro Casas sitúa a celulosa producida nas biofábricas da compañía en mercados internacionais, ademais do prestixio de traballar en colaboración cunha marca que suma máis de 300 anos de historia, presente en máis de 60 países e cun catálogo de máis de 600 referencias de stock

Transporte de celulosa de Ence
Transporte de celulosa de Ence /

O plástico converteuse nun dos grandes problemas ambientais a nivel mundial. Estímase que xa constitúe máis do 80 % do lixo que vai parar a mares e océanos.

Nos últimos anos, o consumo de plásticos e outros derivados dos combustibles fósiles reduciuse, grazas á concienciación social e á normativa europea. Tamén a industria explorou outros materiais para ir substituíndo aqueles produtos baseados en combustibles fósiles por outros con menor pegada ambiental e producidos cun uso sostible dos recursos renovables.

Neste novo modelo, as empresas produtoras e transformadoras xogan un papel fundamental.

Ence, compañía líder en produción de celulosa sostible e en xeración de enerxía eléctrica renovable con biomasa, é un bo exemplo diso. A súa celulosa de alta calidade, unha materia prima que en multitude de casos substitúe ao plástico e os seus derivados, está recoñecida por grandes empresas referentes no sector, entre elas, a histórica fabricante de papel Guarro Casas.

ENCE & GUARRO CASAS, APOSTA POLA SUSTENTABILIDADE

A alianza de Ence con Guarro Casas sitúa á celulosa producida nas biofábricas da compañía en mercados internacionais, ademais do prestixio de traballar en colaboración cunha marca que suma máis de 300 anos de historia, desde a súa creación en 1698 por Ramón Guarro en La Torre de Claramunt, unha pequena localidade do interior da provincia de Barcelona, ata a súa actual presenza en máis de 60 países, cun catálogo de máis de 600 referencias de stock.

O principal sinal de identidade de Guarro Casas é a calidade do seu papel, á que se une un estrito protocolo de produción responsable. "Móvenos un profundo respecto cara ao planeta e a nosa contorna", afirma na súa páxina web a empresa, especializada na fabricación de papeis creativos para o recubrimento de packaging de luxo e libros, ademais de papeis e cartolinas de acabado natural para a impresión de libros de tapa branda e embalaxe flexible. A esta produción de papeis especiais únese unha nova liña de produtos que substitúen a outros elaborados a base de plástico.

"A nosa polpa prodúcese de maneira sostible e por iso certificamos os nosos materiais FSC® baixo demanda. Os nosos produtos son fabricados en base acuosa. Traballamos con produtores locais para reducir a nosa pegada de carbono. Depuramos e limpamos toda a auga que usamos. Os nosos residuos sólidos utilízanse para a creación de fertilizantes. E todos estes compromisos demóstranse coa nosa certificación de xestión ambiental ISO 14001", declara na súa información corporativa este fabricante de papel en relación ás accións para asegurar a sustentabilidade de todos os seus procesos e produtos.

A partir da celulosa de Ence, Guarro Casas elabora unha gama de produtos de material de recubrimento con características similares ao PVC. Trátase de papeis con propiedades hidrófugas, é dicir, que evitan a humidade e a auga, e que posúen usos diversos como, por exemplo, as cartas dos restaurantes, pola facilidade do material final para repeler a sucidade. Tamén se elaboran con pasta de celulosa papeis metalizados, artísticos e pintados, que veñen completar unha gama amplísima de alternativas a partir da fibra natural procedente da madeira, ademais de todo tipo de papeis de embalaxe e packaging, que en proporción crecente substitúen aos tradicionais plásticos.

A celulosa producida nas biofábricas de Ence é un aliado da transición ecolóxica cara ao modelo de consumo do futuro: ofrece unha alternativa renovable e de orixe natural ao uso de fibras sintéticas, o seu uso permite obter produtos biodegradables e reciclables e, deste xeito, contribúese ao desenvolvemento dun modelo circular, así como á bioeconomía do futuro.

A celulosa de Ence, ao ser unha materia prima de orixe nacional, supón así mesmo unha vantaxe engadida para a empresa Guarro Casas, para o consumidor final, e tamén para o planeta. Máis aló dunha redución dos custos, ao ter unha menor pegada de carbono no seu transporte, conséguese unha produción máis sostible e unha subministración máis segura.