Haberá 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán en Marín

Marín
22 de abril 2024

O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor e no CEIP de Seixo

Campamentos de verán
Campamentos de verán / Concello de Marín

O Concello de Marín informou este luns de que o 2 de maio abrirá o prazo para inscribirse nas 300 prazas para os campamentos de conciliación de verán organizados polo goberno local, dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, é dicir, os nados entre o 2012 e o 2021.

A inscrición poderá realizarse de dúas maneiras: presencialmente no Rexistro municipal, cun máximo de 5 solicitudes por persoa ou de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Marín co certificado dixital. No caso de non telo, pode solicitalo no Concello a través desta ligazón 

O prazo de presentación rematará o luns 20 de maio e o listado de prazas concedidas sairá o venres 24 de maio. O prezo público será o mesmo que todos os anos, 30 euros por cada neno. Mantéñense as catro quincenas para os campamentos urbanos e as dúas para o rural, volvendo a ofertar 300 prazas.

     UBICACIÓN      TEMPORALIZACIÓN            Nº DE PRAZAS     
CEIP Sequelo 1-15 de xullo 75
CEIP Sequelo 17-31 de xullo 75
Casa da Cultura de Mogor 17-31 de xullo 25
CEIP Sequelo 1-14 de agosto 50
CEIP Seixo 17-31 de xullo 25
CEIP Sequelo 16-31 de agosto 50

FORMA DE PAGO

O pago pode realizarse por domiciliación bancaria na conta que indique a persona beneficiada. O cargo na conta do solicitante será realizado o 5 de xuño de 2024. Tamén poderá facerse a través da 'Pasarela de pago' na páxina web do Concello de Marín, do 3 ao 7 de xuño. Outra posibilidade é acudir ás dependencias da Tesourería do Concello de Marín. O pago realizarase en horario de 9:00 a 14:00 horas entre os días 3 e 7 de xuño.