Haberá candidatura de Vox nas municipais de Marín con Juan Manuel Rosales á fronte

Marín
04 de abril 2023

O ex garda civil Juan Manuel Rosales foi designado como candidato de Vox á Alcaldía de Marín, para as eleccións municipais que se celebrarán o próximo 28 de maio

Juan Manuel Rosales, candidato de Vox á Alcaldía de Marín
Juan Manuel Rosales, candidato de Vox á Alcaldía de Marín / Vox

O ex garda civil Juan Manuel Rosales foi designado como candidato de Vox á Alcaldía de Marín, para as eleccións municipais que se celebrarán o próximo 28 de maio.

Rosales, licenciado en Ciencias Empresariais, está retirado actualmente do instituto armado, xa que foi diagnosticado cunha enfermidade dexenerativa.

Desde entón, subliña o partido, forma parte das clases pasivas desta institución. 

Ademais, o alcaldable de Vox desenvolveu tamén actividades como director técnico comercial en diferentes compañías e traballou como axente da propiedade inmobiliaria nunha multinacional do sector.