Os veciños de Ponte Caldelas contan desde este venres 16 de xullo cunha nova zona de aparcamento gratuíto no centro do centro urbano.
En concreto o Concello habilitou un espazo situado xunto á praza Frei Antonio Orge, á beira do supermercado Día.
Segundo sinala o goberno local, chegouse a un acordo co propietario da leira para o seu uso, dando cabida a uns 25 vehículos ben aparcados.
Tras esta xestión avánzase a tramitación para poñer en marcha o aparcamento central, detrás da Ludoteca Municipal.
"Ponte Caldelas segue crecendo en poboación e, ademais, somos a área comercial de toda a comarca, polo que temos que adaptarnos ás novas necesidades que xorden, con cada vez máis vehículos no centro urbano que precisan aparcar para comprar, facer xestións e gozar de Ponte Caldelas", sinalou o alcalde, Andrés Díaz.