Familiares e amigos de Juan Tábara rendéronlle homenaxe este domingo en Sanxenxo cando se cumpre un mes da tráxica morte deste oftalmólogo coruñés ao ser golpeado por unha embarcación deportiva cando se atopaba na zona de baño da praia de Silgar.
Ademais de depositar flores no mar quixeron que este acto de recordo servise tamén para recalcar a necesidade de garantir a seguridade dos bañistas a través da lexislación.
Belén Tábara, irmá do falecido, insistiu na necesidade "reforzar las leyes y que se cumplan las que ya hay, mejorarlas dentro de lo posible y educar a la gente en que no se normalicen cosas que no están bien. Es una cuestión de educación, que dejemos de considerar normal ver vehículos a velocidad en zonas de bañistas".
Para que non se repita outra traxedia puxeron en marcha unha campaña "recogiendo firmas para ver si se puede hacer que las playas sean más seguras", apuntou Matías García- Anllo, amigo de Juan Tábara.
"Juan no está ni va a volver y nosotros simplemente al creer que era algo evitable, queremos que no se vuelva a repetir, que sirva para algo y que no quedase en vacío", engadiu Belén Tábara.
Tamén queren que se asuman responsabilidades legais polo ocorrido e por iso a familia presentouse como acusación particular. "El problema de que no tengamos información directa es que todo son incógnitas. El proceso está yendo muy lento, creo que aun la Guardia Civil está presentando ahora judicialmente las cosas. El juzgado parece que está saturado y aun no sabemos nada", apuntou a irmá do doutor Tábara.