Un peón foi trasladado ao Hospital Montecelo de Pontevedra tras ser alcanzado por un turismo no termo municipal de Sanxenxo.
O accidente produciuse minutos antes do oito da mañá nun paso de peóns situado na Avenida de León, situada na parroquia de Padriñán.
O servizo de emerxencias 112 Galicia coordinou o operativo tras recibir a alerta do suceso.
Os axentes da Policía Local que acudiron ao lugar solicitaron a presenza urxente dos servizos sanitarios debido ás lesións graves que presentaba a vítima ao ter sufrido un golpe na cabeza.
Segundo informa o Concello de Sanxenxo despois das primeiras investigacións, a causa do accidente foi un despiste por parte do conductor.
Tras someterse ás probas por parte da Policía Local, o condutor ofreceu resultado negativo nas control de consumo de alcohol e drogas.
Tanto o veciño ferido como o condutor residen en Sanxenxo.
Na asistencia e intervención no punto participaron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Tamén colaboraban membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Sanxenxo.
Engade Pontevedra viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.