Pontevedra verá aumentados moi pronto os seus puntos de recarga para coches eléctricos, unha demanda cada vez máis reclamada por parte dos consumidores.
A compañía enerxética Iberdrola, nun proxecto conxunto co grupo de concesionarios Pérez Rumbao, anunciou que instalará trece puntos de recarga en toda Galicia, dos cales dous deles estarán en Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.
O primeiro destes centros, situado en Ourense, conta con dous cargadores rápidos de 50 quilowatts e outro de 22 quilowatts.
Isto, segundo a empresa, posibilitan unha carga simultánea de ata catro automóbiles durante as 24 horas do día.
O resto das instalacións que haberá en Galicia terán características similares.
A potencia total instalada, segundo Iberdrola, é de 2.250 quilowatts e os vehículos eléctricos poderán recargar neles a súa batería con "enerxía 100% verde" procedente de fontes de xeración renovable.