Axentes do Equipo de Investigación da Garda Civil de Cambados lograron identificar sete menores, xunto aos seus representantes legais, pola súa presunta implicación nun roubo ocorrido no CEIP San Tomé de Cambados.
Segundo detallan fontes oficiais do Instituto Armado, catro dos mozos teñen máis de 14 anos e tres son menores desa idade.
Os seus lugares de residencia son: Cambados, A Coruña e Canarias.
Os feitos tiveron lugar a finais de xuño. Segundo as primeiras investigacións, os menores accederon ao recinto escolar tras romper unha cristaleira.
Unha vez dentro, levaron varios obxectos, entre eles botellas, material de oficina e cinco ordenadores portátiles.
Tras a denuncia presentada, os axentes comezaron coas pescudas e, como resultado do seu traballo, lograron recuperar parte do material subtraído.
Concretamente, recuperáronse: tres ordenadores portátiles marca HP, un marca Acer, outro Lenovo, dúas gravadoras de DVD HP, un cargador, uns auricular con micrófono e diversos cables de conexión USB e VGA.
As dilixencias do caso xa foron remitidas á Fiscalía de Menores de Pontevedra, que se encargará de continuar co proceso legal correspondente.