Axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), dependente da Consellería do Medio Rural, identificaron o presunto autor dunha serie de incendios forestais declarados en Ponte Sampaio, concretamente no lugar de Vilar, o último para mediados do mes de agosto.
Foi un incendio iniciado o día 17 de agosto e que calcinou unha superficie forestal de 2,78 hectáreas.
A UIFO intensificou a vixilancia tras detectar unha alta actividade incendiaria nunha zona próxima ás vivendas dos lugares de Vilar e Rañadoiro, con seis rexistros de lumes no últimos catro anos.
Por ese motivo os axentes iniciaron investigacións e operativos de vixilancia este verán na época de alto risco de incendio. Este traballo permitiu reunir as probas necesarias para idenfiticar ao presunto autor que, de maneira intencionada, iniciou os lumes. Trátase dun veciño do propio lugar de Vilar, na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio.
No traballo colaboraron os axentes ambientais e persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta de Galicia.
O atestado foi trasladado ao Xulgado de Instrución Número 3 de Pontevedra, que incoou xa as dilixencias previas por un delito de incendio forestal.