Identifican un mozo de 28 anos por realizar pintadas en Curros Enríquez

Pontevedra
24 de xuño 2024

Os axentes da Policía Local de Pontevedra atoparon dúas plantillas con pintura aínda fresca e o home tiña as mans pintadas de negro, ademais de levar un sprai de facer pintadas nunha bolsa

Plantillas con pintura aínda fresca incautadas o mozo identificado
Plantillas con pintura aínda fresca incautadas o mozo identificado / Policía Local de Pontevedra

A Policía Local identificou o autor de varias pintadas no centro histórico. Trátase dun mozo de 28 anos, veciño de Pontevedra, que foi sorprendido en plena faena.

Foi na madrugada do pasado sábado na Praza de Curros Enríquez, onde esta persoa estaba a realizar grafitis na fachada de varios establecementos comerciais.

Os axentes atoparon dúas plantillas con pintura aínda fresca e o home tiña as mans pintadas de negro, ademais de levar un sprai de facer pintadas nunha bolsa. 

O mozo identificado amosou moito interese por recuperar as plantillas, que quedaron baixo custodia da Policía Local.