Os participantes na Xornada Europea dos Morcegos, que se desenvolveu no Gafos no marco do programa municipal Ponteverán, descubriron unha nova especie de morcego no ecosistema do río. É o terceiro destes mamíferos que se identifica neste espazo natural.
O animal en cuestión, que recibe o nome científico de Eptesicus serotinus, é coñecido popularmente como morcego das hortas.
Foi localizado no Gafos grazas aos detectores de ultrasons utilizados nesta xornada nocturna de exploración.
O morcego das hortas, segundo explica o proxecto Morcegos de Galicia, adoita ter un tamaño grande e ten orellas máis altas que anchas, rematadas nunha forma redondeada.
A súa presenza é frecuente en zonas rurais con cultivos, frutais e prados, aínda que pode observarse cazando en zonas dunares, xardíns urbanos e incluso no interior de bosques.
Habitualmente ocupa construcións para refuxiarse, normalmente baixo tellas ou lousas do tellado. É moi frecuente velo en igrexas.
Este é a terceira especie de morcego identificado no Gafos, onde xa se detectaran exemplares de Pipistrellus pipistrellus ou Morcego enano e de Myotis daubentonii ou Morcego das ribeiras.