Ignacio Colmenares, conselleiro delegado de ENCE: "Nos guste o no, la sociedad gallega está enfrentada al eucalipto"

Pontevedra
11 de outubro 2018

Aumentar a produtividade das plantacións de eucalipto, mellorando a súa xestión actual e asumindo, mesmo, certa diminución do espazo que ocupan nos montes galegos. É o obxectivo do programa "Máis con menos" que poñerá en marcha a empresa Ence en Galicia

Xornada sobre "Factores necesarios para asegurar a sustentabilidade do monte galego"
Xornada sobre "Factores necesarios para asegurar a sustentabilidade do monte galego" / Mónica Patxot

Aumentar a produtividade das plantacións de eucalipto, mellorando a súa xestión actual e asumindo, mesmo, certa diminución do espazo que ocupan nos montes galegos. É o obxectivo do programa "Máis con menos" que poñerá en marcha a empresa Ence en Galicia.

Así o anunciou o conselleiro delegado da empresa pasteira, Ignacio Colmenares, durante a súa intervención na xornada "Os factores necesarios para asegurar a sustentabilidade do monte galego", celebrada este xoves en Pontevedra.

Colmenares asegurou que Ence asume que "es una realidad" o rexeitamento cada vez maior que este tipo de plantacións xera en Galicia. "Nos guste o no, la sociedad gallega está enfrentada al eucalipto", dixo, porque a poboación -especialmente a urbana- "no entiende sus beneficios y están preocupados por su crecimiento". 

Por iso é polo que explicase que se Ence "quiere seguir aquí dentro de 50 años", a materia prima que consome debe ser "sostenible en el tiempo".

O conselleiro delegado da compañía defendeu que Ence debe camiñar, xunto co sector forestal galego, cara a un modelo de xestión do monte "que cubra esta sensibilidad social", permitindo que se siga xerando riqueza no ámbito rural e un maior crecemento no volume de negocio das súas plantas.

A "base", segundo Ignacio Colmenares, para mellorar a calidade da xestión do monte para "por no crecer" en número de hectáreas, senón todo o contrario. O directivo de Ence mostrouse favorable a renunciar ás 25.000 hectáreas de plantacións de eucalipto que, segundo dixo, están en lugares sen cobertura legal.

Os estudos de Ence, con todo, revelan que en Galicia hai na actualidade unhas 134.000 hectáreas de eucalipto que están "abandonadas" ou cunha xestión "muy deficiente" e que corren o risco de converterse en "pasto de incendios".

Colmenares adiantou que o proxecto que impulsa Ence para ter "más madeira y menos hectáreas" busca poñer a disposición do propietario forestal os mellores coñecementos para lograr unha xestión "eficiente" e unha maior produtividade, garantindo ao mesmo tempo que ningunha plantación estea en zonas protexidas ou de alto valor ambiental.

Ademais, preténdese restaurar as zonas de eucaliptais abandonadas e impulsar a diversidade forestal, coa "adecuada y equilibrada" convivencia con especies autóctonas.

Para iso, engadiu o conselleiro delegado de Ence, será necesario que a administración "compense" ao propietario polo coidado e a limpeza das hectáreas que deixen de ser eucaliptais para evitar incendios e facer viable a plantación de árbores autóctonas galegos.

A xornada celebrada en Pontevedra, presentada por Enrique Valero, profesor de Forestais no campus, incluíu unha mesa redonda na que, xunto con Colmenares, participaron Francisco Javier Silva- Pando, investigador do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Manuel Iglesias, presidente do Clúster da Madeira, e Jacobo Feijóo, secretario xeral de Asefoga.