Imaxinación e solidariedade na Sétima Feira

Pontevedra
11 de decembro 2016

Como cada segundo sábado do mes o Mercado de Pontevedra acolleu unha nova edición da Sétima Feira. Nesta ocasión, a novidade foi o espazo infantil inspirado nas creacións do director e ilustrador Tim Burton, e os obradoiros pensados para a cativada de 2 a 5 anos

Amigos de Galicia recolle alimentos na Sétima Feira
Amigos de Galicia recolle alimentos na Sétima Feira / Cristina Saiz

Como cada segundo sábado do mes o Mercado de Pontevedra acolleu unha nova edición da Sétima Feira.

Nesta ocasión, a novidade foi o espazo infantil inspirado nas creacións do director e ilustrador Tim Burton, e os obradoiros pensados para a cativada de 2 a 5 anos.

Sétima Feira é unha plataforma para dar visibilidade á creatividade da xente de aquí, artistas tan interesantes como Bea Sieiro, Basilisa ou a xa ben coñecida marca pontevedresa Miolos Design.

Ademias Polo correo do vento presentou e asinou exemplares o seu novo libro "Un ronsel de Ardora. Pequena biografía de Ángeles Alvariño". Toda esta actividade cultural e creativa estivo acompañada pola música do picadiscos Charlie e o coro pontevedrés Via Sete.

Desta volta, o espazo gastro volveu ir da man de Elefantes de cacharrería, coa xenial Cociña de Sally, e para a sobremesa os doces de Mis galletas y otras cosas.

Pintura, decoración, cerámica e serigrafía, textil, bolsos, arte, bonecos, complementos feitos en lá ou fotografía e vídeo, entre outras ofertas.

A Sétima Feira tamén tivo unha aposta solidaria cunha recollida de alimentos e xoguetes novos. Todo o recaudado vai ser destinado íntegramente ás familias que tanto RedeAxuda como Fundación Amigos de Galicia atenden na cidade de Pontevedra.

Arquivado en