Iñaki Touriño preséntase como candidato socialista á Alcaldía da Lama

A Lama
30 de outubro 2022

Asume este reto despois de varios anos á fronte das asociacións de veciños e da comisión de festas de Covelo. Touriño substitúe así ao actual voceiro socialista, Enrique Vaqueiro, quen se integrará na candidatura que concorrerá ás Eleccións Municipais do próximo mes de maio

Iñaki Touriño, candidato socialista á Alcaldía da Lama
Iñaki Touriño, candidato socialista á Alcaldía da Lama / PSdeG-PSOE

Iñaki Touriño presentarase como candidato á Alcaldía da Lama polo PSdeG-PSOE. 

Asume este reto despois de varios anos á fronte das asociacións de veciños e da comisión de festas de Covelo. Touriño substitúe así ao actual voceiro socialista, Enrique Vaqueiro, quen se integrará na candidatura que concorrerá ás Eleccións Municipais do próximo mes de maio.

Proponse ser un alcalde ao servizo da veciñanza, abordar o problema demográfico e gobernar con ideas novas e portas abertas. 

"A Lama ten que ser algo máis que o sitio onde está o cárcere", dixo. Tamén comprometeuse a recuperar as colonias de Manuel Barreiro Cabanelas.