Inaugurado o renovado parque infantil da Praza do Concello de Ribadumia

O Salnés
19 de decembro 2025
Actualizado: 16:23

Esta actuación, contratada conxuntamente coa renovación do Parque da Carballeira de Barrantes, contaba cun orzamento de 169.512,22 euros

Inauguración do parque infantil Praza do Concello de Ribadumia tras a súa renovación
Inauguración do parque infantil Praza do Concello de Ribadumia tras a súa renovación / Concello de Ribadumia

O parque infantil da Praza do Concello de Ribadumia estrea a súa nova imaxe.

A instalación está xa a disposición dos máis pequenos tras ser inaugurado este venres despois da súa renovación integral.

Os traballos incluíron a retirada dos xogos biosaludables, dos antigos xogos infantís e do pavimento existente, así como a instalación dun novo sistema de drenaxe para evitar a acumulación de auga.

Ademais, dotouse o parque dun novo pavimento de seguridade con céspede artificial e paneis de polietileno.

O parque conta agora cun conxunto de elementos lúdicos entre os que destacan un equipo combinado de xogos, unha tirolesa, un pórtico con asento plano, berce e cesta, dous balancíns, dous trampolíns, un resorte individual e unha mariola.

Esta actuación, contratada conxuntamente coa renovación do Parque da Carballeira de Barrantes, contaba cun orzamento de 169.512,22 euros

Foi financiada a atravñes da Liña 1 do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.