Inauguran o parque de actividade física na Avenida de Bos Aires: "Os deportistas dixéronnos que facía falta"

Pontevedra
12 de xuño 2024

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado entre outros de Javier Gómez Noya e Pablo Dapena, inaugurou este mércores a área de actividade física habilitada na Avenida de Bos Aires, xunto á ponte dos Tirantes

Javi Gómez Noya e Pablo Dapena, na inauguración da área de actividade física da Avenida de Bos Aires
Javi Gómez Noya e Pablo Dapena, na inauguración da área de actividade física da Avenida de Bos Aires / Mónica Patxot

Pontevedra conta desde este mércores cunha nova zona destinada á actividade física deportiva, con diversos aparellos que foron instalados na Avenida de Bos Aires, na contorna da ponte dos Tirantes.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores foi o encargado de inaugurar as instalacións acompañado entre outros de Javier Gómez Noya e de Pablo Dapena.

"Era unha necesidade, por parte dos deportistas que se achegaron hoxe aquí nos dixeron que facía falta", afirmou o rexedor sobre unha instalación que "é un parque realmente bo, xa non só para deportistas individuais, senón tamén para equipos deportivos que queiran achegarse e aproveitar as distintas máquinas".

Ademais, destacou Lores, tras o atraso na súa posta en funcionamento polas difrentes localizacións que se barallaron previamente, situouse finalmente "ao carón da Illa do Covo, zona na que é coñecida pola cantidade de corredores e corredoras que se achegan… Agora poderán completar o seu adestramento ou os seus estiramentos aquí".

Segundo aseguraron na estrea os elementos instalados son de alta durabilidade e contan con códigos QR nos que explican os exercicios que se puden realizar e cos que mesmo monitorizar a actividade usando uso dunha app.