Incautan 35 quilos de percebe que estaban a ser vendidos na rúa

Pontevedra
04 de xuño 2018

Segundo informou a Consellería de Presidencia, o home levaba o percebe no interior do maleteiro do seu coche, dentro de catro contedores  isotérmicos portátiles. No momento que foi interceptado, estaba a proceder á venda de diferentes cantidades de percebe

Percebes incautados pola Policía Autonómica
Percebes incautados pola Policía Autonómica / Xunta de Galicia

Axentes da Policía Autonómica incautaron preto de 35 quilos de percebe que unha persoa estaba a vender en plena rúa, na cidade de Pontevedra.

Segundo informou a Consellería de Presidencia, o home levaba o percebe no interior do maleteiro do seu coche, dentro de catro contedores  isotérmicos portátiles.

No momento que foi interceptado, estaba a proceder á venda de diferentes cantidades de percebe.

Tras levantar a correspondente acta de infracción, os axentes remitiron o marisco comisado ao comedor benéfico de Marín.