Incendio no garaxe dun edificio en Loureiro Crespo

Pontevedra
25 de setembro 2024

O lume afectou a dous vehículos e provocou unha densa fumareda aínda que non foi necesario o desaloxo do edificio 

Garaxe dun edificio da rúa Loureiro Crespo
Garaxe dun edificio da rúa Loureiro Crespo / PontevedraViva

Un incendio orixinado no segundo soto do garaxe dun edifico da rúa Loureiro Crespo afectou a dous vehículos.

O suceso ocorreu na tarde deste mércores, sobre as 20:30 horas, causando unicamente danos materiais no soto deste edificio situado fronte ao antigo Asilo de Anciáns.

Segundo informou o Concello de Pontevedra, o lume iniciouse nun vehículo e as lapas estendéronse a un segundo coche.

Non foi necesario desaloxar aos veciños aínda que algúns optaron por saír das súas vivendas.

A Policía Local cortou o tráfico neste tramo da rúa mentres actuaban os servizos de emerxencias. Tras sufocar as lapas, os Bombeiros de Pontevedra estiveron durante unha hora ventilando este espazo confinado do garaxe.