Inclúen doce camiños rurais no novo plan de pavimentacións de Marín

Marín
18 de outubro 2022

Ata doce camiños rurais, cunha extensión global que supera os 3.000 metros cadrados, serán mellorados coas actuacións previstas nunha nova fase do plan de pavimentacións que impulsa o goberno municipal de Marín

Asfaltado en camiños rurais de Marín
Asfaltado en camiños rurais de Marín / Concello de Marín

Ata doce camiños rurais, cunha extensión global que supera os 3.000 metros cadrados, serán mellorados coas actuacións previstas nunha nova fase do plan de pavimentacións que impulsa o goberno municipal de Marín.

En todas estas obras, o Concello investirá algo máis de 250.000 euros, segundo avanzou o responsable de Rural, Pablo Novas.

O novo paquete de actuacións incluirá obras en O Carregal, Pena e Caeiro, en San Xulián; O Cruceiro do Vento, en Mogor; Castro e A Brea-O Barrio, en Seixo; Ameal-Oubiña e Sobreiras, no Campo; O Pereiro e O Pozo, en Santomé de Piñeiro; e Loira e Saíde, en Ardán.

Todos estes camiños, explicou o edil marinense, verán rehabilitado o seu firme, mellorando a seguridade viaria da veciñanza que, en moitos casos, ten nestes camiños a única vía de acceso ás súas vivendas e parcelas privadas.

Con este investimento, o Concello busca "seguir mellorando o noso rural, apostando por el e planificando a súa mellora paulatina", para ofrecer os mesmos servizos que no casco urbano.