Incredulidade da CIG coa decisión do concello de externalizar servizos municipais

Sanxenxo
23 de febreiro 2020

A sección sindical da CIG no concello de Sanxenxo mostrou públicamente o seu malestar tras coñecer a decisión do Goberno local de externalizar do Servizo de Axuda no Fogar

Concentración das traballadoras de Axuda no Fogar do Concello de Sanxenxo
Concentración das traballadoras de Axuda no Fogar do Concello de Sanxenxo / Comisiones Obreras

A sección sindical da CIG no concello de Sanxenxo mostrou públicamente o seu "malestar" tras coñecer a decisión do Goberno local de externalizar do Servizo de Axuda no Fogar.

Nun comunicado a secretaria comarcal CIG Administración, Dina Porral manifestou que "non entendemos o porqué desta decisión nin por que se da conta á prensa pero non á representación dos traballadores no organismo autónomo Terra de Sanxenxo ao que pertenece o persoal afectado".

Tamén quixo deixar constancia de que o alcalde Telmo Martin "minte se di que fai o mesmo que se está facendo en outros concellos e cita entre eles ao de Meaño" xa que neste caso o persoal é municipal e a empresa presta os servizos que os traballadores do concello non da prestado por xornada e/ou horario "e aínda asi o alcalde de Meaño comprometeuse co Comité de empresa a estudiar como ampliar o servizo e as xornadas do seu persoal".

Para a CIG "todo esto demostra que ao señor Telmo Martín o persoal municipal non lle importa en absoluto; xa que toma decisións sin pensar nas consecuencias e non vai poder decir que lle sae máis barato pois no ano 2013 cando o concello remunicipalizou o persoal de Samil o fixo porque se aforraban cartos prestando o servizo directamente e eso non cambiou agora".

Finalmente Dina Porral lembra que o Concello de Sanxenxo asinou no ano 2019 un convenio e un acordo regulador e "vendeuno como algo asombroso e a día de hoxe segue sen cumprir nin un solo punto do mesmo e agora sae con esto". "Que non se engane o señor Martín; xa non nos creemos nada do que di vai facer para o persoal. Só lle interesa montar administracións paralelas para o seus afíns", conclúe.