Influíu na marcha de Maersk a Marín que o Porto esté "presidido polo consorte da ministra"?

Pontevedra
22 de abril 2016

En Marea presentou unha pregunta parlamentaria no Congreso dos Deputados ao Ministerio de Fomento sobre a marcha da multinacional Maersk, do porto de Vigo para asentarse no porto de Marín, "presidido polo consorte da Ministra de Fomento en funcións"

Ana Pastor e José Benito Suárez Costa
Ana Pastor e José Benito Suárez Costa / PontevedraViva

En Marea presentou unha pregunta parlamentaria na Cámara Baixa ao Ministerio de Fomento sobre a marcha da multinacional Maersk, do Porto de Vigo para asentarse no porto de Marín, "presidido polo consorte da Ministra de Fomento en funcións".

A deputada de En Marea Alexandra Fernández dirixe unha batería de preguntas ao ministerio para coñecer "en que se baseou para oporse á petición da Autoridade Portuaria de Vigo para que se adoptasen medidas cautelares" á decisión de Maersk de abandonar o porto vigués. Alexandra Fernández afirma que "este tema precisa de aclaracións".

Para En Marea é un tema que ten o seu interese porque evidencia un conflito comercial entre dous portos que dependen do Estado, "pero agudiza a crise o feito de saber que quen preside o porto de Marín é o consorte da actual Ministra de Fomento en funcións, o que dá pe a multitude de preguntas".

Por esta razón, pregunta ao ministerio se "existe alguna influencia" na resposta de Portos do Estado á Autoridade Portuaria de Vigo polo feito de que o porto de Marín estea presidido polo consorte da ministra de Fomento en funcións.

Ademáis, interpela ao ministerio para coñecer se "de verdade se trata únicamente dunha decisión que se ubica inequívocamente no ámbito das relación comerciais entre empresas privadas? Non debería ser a sentenza de 2009 do Tribunal Supremo motivo suficiente para analizar con reservas o traslado a Marín? Non considera Fomento que existe certa competencia desleal xa que o porto de Marín podo ofertar prezos inferiores no servizo de estiba e desestiba? É consciente da importancia que o tráfico de contenedores ten no porto de Vigo?".