Inician unha campaña informativa sobre recollida selectiva para o comercio e hostalería do centro histórico

Pontevedra
13 de outubro 2019

O Concello entregará un folleto lembrando os servizos 'porta a porta' de cartón e vidro implantados no centro histórico dende 2008 para a actividade comercial

Camión do lixo de Ferrovial no centro histórico de Pontevedra
Camión do lixo de Ferrovial no centro histórico de Pontevedra / Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra iniciará este luns 14 de outubro campaña informativa entre a hostalería e comercio da zona monumental para lembrarlles os servizos de recollida selectiva 'porta a porta' de cartón e vidro que están implantados en toda a zona. 

Esta campaña, informan, terá continuidade nas próximas semanas no resto da cidade co obxectivo de reforzar a concienciación sobre a reciclaxe e tentar na medida do posible incrementar as cifras desta práctica no municipio.

A empresa concesionaria da recollida de lixo, Ferrovial Servizos, entregará un folleto a cada establecemento da zona monumental no que se lembra en que consiste a recolleita porta a porta de cartón e vidro implantada en Pontevedra no ano 2008. Nos dous casos trátase dun servizo gratuíto e destinado en exclusiva a todos os locais con actividade económica.

No caso do cartón e papel, lémbraselles que deben encartar e amontoar diante da porta do seu establecemento, sendo un servizo que está activo de luns a sábado entre as 21:'00 e as 0:00 horas.

En canto ao vidro, é un servizo que se desenvolve de luns a sábado a recollida selectiva é os martes, venres e sábado a partir das 22.30 horas.