O Grupo Nogar, ao que pertence a inmobiliaria Ponteno, instalou este luns o cartel de obra do novo parque comercial do Vao. Os traballos comezarán de xeito inminente, despois de 21 anos de trámites
Ao longo das últimas semanas fíxose a limpeza e a roza da parcela na que se desenvolverá este proxecto empresarial, situada entre a autoestrada AP-9 e a estrada de Vilagarcía, a PO-531.
A urbanización da parcela de máis de 36.600 metros cadrados estaba orzada en 3,9 millóns de euros e a construción das dúas naves proxectadas elevarase ata os 6,2 millóns.
O pasado mes de marzo concedéronse as licenzas de actividade necesarias para a instalación das firmas: Decathlon, Eroski, Norauto, Leroy Merlín, JYSK e Kiwoko. Ademais, o polígono do Vao incluirá zonas verdes e un aparcamento exterior de 462 prazas e outro interior con 412.