A programación de obradoiros para a rapazada que leva a cabo o Concello de Pontevedra no Pazo da Cultura bota a andar un ano máis ofertando máis de 300 prazasnos obradoiros "A procura do tesouro" de Migallas Teatro, "A hora do conto" de Pavís Pavós e "RockLab" de Rocklab Team.
Como novidade, este ano as inscricións realizaranse unicamente a través do enderezo electrónico coordinacion@pazodacultura.org entre as 00:01 do 8 de outubro e as 23:59 do 9 de outubro, achegando debidamente cuberto e no prazo sinalado, un formulario por neno e actividade.
As follas de preinscrición xa están dispoñibles na web www.pazodacultura.org onde aparecerán publicadas o día 10 as listaxes provisionais de admitidos nas diferentes actividades.
Naquelas obradoiros onde a demanda supere a oferta, o día 11 realizarase un sorteo público para a asignación das prazas, priorizando o alumnado que participou en anteriores edicións.
Para as actividades nas que queden prazas vacantes logo do día 11, os formularios de inscrición permanecerán dispoñibles na web e serán recepcionados a través do mesmo correo.