Instalados seis novos paneis de libre expresión no casco urbano e no rural de Marín

Marín
18 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O obxectivo destes paneis, que se suman aos que xa existen na vila, é o de poder colocar toda clase de cartelaría, propaganda, anuncios ou reivindicacións que partan da masa social de Marín, tanto a nivel individual como para as asociacións, sempre e cando non haxa carácter ofensivo ou sexista

Panel de libre expresión en Marín
Panel de libre expresión en Marín /

O Concello de Marín ven de anunciar a instalación de 6 novos paneis de libre expresión.

O goberno local marinense enmarca esta iniciativa na súa intención de renovar e ampliar o mobiliario e a sinalización urbana, "tratando de manter o ornato esixible para unha cidade".

Os novos paneis están instalados, un no cruce da Rúa Concepción Arenal coa Sagrada Familia, outro na Avenida de Ourense, frente ao cruce da Rúa José Trasande, tamén hai outro na Praza do Regueiro, frente a Casa Pilán.

Outros tres paneis atópanse na Avenida Gago de Mendoza, no cruce con Montecelo; no Lavadoiro do Río de Casás; e na Rúa Doutor Otero Ulloa, frente a gasolineira de Seixo.

O obxectivo destes paneis, que se suman aos que xa existen na vila, é o de poder colocar toda clase de cartelaría, propaganda, anuncios ou reivindicacións que partan da masa social de Marín, tanto a nivel individual como para as asociacións, sempre e cando non haxa carácter ofensivo ou sexista.