Instalan os primeiros elementos de mobiliario da nova praza de Santa Teresa de Jesús Jornet

Pontevedra
11 de febreiro 2020

O novo parque da praza de Santa Teresa de Jesús Jornet vai tomando forma coa instalación dos primeiros elementos de estancia e acondicionamento das zonas verdes. Na zona está xa instalada o valo perimetral así como oito bancos e dúas cadeiras. A execución global do proxecto supoñerá un investimento superior aos 40.000 euros

Novo mobiliario na praza Santa Teresa de Jesús Jornet Concello de Pontevedra

O novo parque da praza de Santa Teresa de Jesús Jornet vai tomando forma coa instalación dos primeiros elementos de estancia e acondicionamento das zonas verdes. Na zona está xa instalada o valo perimetral así como oito bancos e dúas cadeiras. A execución global do proxecto supoñerá un investimento superior aos 40.000 euros.

"Unha vez que melloren as condicións meteorolóxicas, o servizo municipal de parques e xardíns acometerá as obras de impermeabilización do parque así como o seu pintado", detallou o concelleiro responsable deste departamento, Iván Puentes.

As obras, que estarán listas antes do verán, terminarán co acondicionamento das zonas verdes e a mellora paisaxística da praza.

As actuacións permitirán mellorar as condicións de confort da zona mediante a renovación do mobiliario existente, unha renovación completa dos xardíns que rodean a praza dotados dun sistema de rega por goteo. Está contemplado ademais un novo axardinamento coa incorporación dunha composición de especies arbustivas e tapizantes cunha variada gama de flores de diferentes cores, así como unha árbore singular.