Instalan unha lona no patio cuberto do colexio de Tenorio para protexer a rapazada da chuvia

Cerdedo Cotobade
09 de abril 2021

As actuacións de mellora no colexio de Tenorio completáronse coa colocación dunha lona lateral exterior no patio cuberto, que pretende protexer o alumnado do centro das inclemencias climatolóxicas. Tivo un custe de 15.500 euros

Patio cuberto do colexio de Tenorio
Patio cuberto do colexio de Tenorio / Concello de Cerdedo-Cotobade

As actuacións de mellora no colexio de Tenorio completáronse coa colocación dunha lona lateral exterior no patio cuberto, que pretende protexer o alumnado do centro das inclemencias climatolóxicas. Tivo un custe de 15.500 euros.

Esta lona contribuirá a evitar a entrada de auga de choiva pola acción do forte vento e tamén a diminuír o frío en época invernal cando o alumnado teña que facer uso deste patio exterior.

A instalación desta lona completou unha serie de obras de acondicionamento que supuxeron un investimento de máis de 629.000 euros.

Antes de comezar o curso escolar construíuse un muro de consolidación do terreo na parte exterior do recinto educativo. Ademais, substituíuse todo o sistema de calefacción.

Todas estas actuacións foron revisadas polo alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a directora do CEIP de Tenorio, Beatriz Sueiro, que destacaron a resolución das eivas estruturais que tiña o centro nesta materia.

Actualmente o colexio de Tenorio conta con 140 nenos e nenas matriculados.