Integrantes de Jusapol concéntranse ante a sede do PSOE ao sentirse "traizoados" por Pedro Sánchez

Pontevedra
25 de outubro 2018

Este colectivo reclama a equiparación salarial cos Mossos d'Esquadra. Sinalan que as diferencias de soldos entre as forzas de seguridade do Estado e a policía autonómica catalana sitúase en máis de 800 euros mensuais. O 10 de novembro levarán a cabo unha protesta en Barcelona

Concentración de integrantes de Jusapol para pedir a equiparación salarial
Concentración de integrantes de Jusapol para pedir a equiparación salarial / Mónica Patxot
Jusapol acusa a Pedro Sánchez de traizoar á Policía Nacional e á Garda Civil /

Máis de medio cento de integrantes das forzas e corpos de seguridade do Estado, que forman parte da organización Jusapol, concentrábanse este xoves ante a sede do Partido Socialista en Pontevedra, dentro dunha campaña de protesta que se está realizando en diferentes cidades españolas con motivo das diferenzas salariais que os membros da Policía Nacional ou da Garda Civil sofren respecto a os Mossos d'Esquadra.

Neste sentido, sinalan que o actual goberno socialista de Pedro Sánchez aprobou a entrega de 700 millóns de euros á Policía Autonómica catalá provocando que as diferenzas salariais que, co goberno de Mariano Rajoy, xa eran de 600 euros mensuais aumenten agora a máis de 800 euros

Por este motivo, desde Jusapol reclámase cobrar os mesmos soldos que os Mossos, que ven incrementados os seus salarios grazas ao cobro de horas extra ou asistencias a xuízos. "A igual traballo, igual salario", indica Manuel, delegado de Jupol e vogal de  Jusapol.

O representante deste colectivo sinala que se  senten "traizoados" polo goberno do PSOE, por cambiar o seu discurso desde que se atopaba na oposición.

"Nos dan largas y no nos atiende las reivindicaciones. Nos han mentido", sinala Manuel que amósase duro ao criticar a Pedro Sánchez: "un presidente del gobierno que no defiende como debe a las fuerzas de seguridad del Estado no merece el respeto. Lo merece como presidente pero no puede pedirnos que demos lo mejor de sí. Lo damos por los ciudadanos, pero no por la clase política que nos ha mentido durante estos 30 años"".

Sinalan que o 10 de novembro participarán na gran manifestación de protesta que se vai a desenvolver en Barcelona na que defenderán os seus dereitos salariais. O 21 dese mesmo mes, tamén asistirán representantes de  Jusapol ao Parlamento Europeo en Bruxelas onde se presentará a Iniciativa Lexislativa Popular na que reclaman a regulación da equiparación salarial entre os distintos corpos de seguridade.