Intercambio de ideas entre os representantes da Administración do Estado na provincia

Pontevedra
15 de xuño 2017

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, reuniuse, nunha primeira toma de contacto, cos representantes da Administración do Estado na provincia. O encontro, ao que acudiron membros dos organismos non integrados na Subdelegación do Goberno, tiña como obxectivo analizar o funcionamento dos mesmos

Reunión dos representantes da Administración do Estado na provincia
Reunión dos representantes da Administración do Estado na provincia / Subdelegación do Goberno

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, reuniuse, nunha primeira toma de contacto, cos representantes da Administración do Estado na provincia. O encontro, ao que acudiron membros dos organismos non integrados na Subdelegación do Goberno, tiña como obxectivo analizar o funcionamento dos mesmos.

É a primeira reunión deste tipo que se celebra desde que tomou posesión no cargo Ana Ortiz e o seu obxectivo principal é dar conta da situación dos diferentes servizos, así como favorecer unha maior cohesión e coordinación nas súas actuacións. De carácter informativo, este encontro pretende profundar no traballo en equipo así como no intercambio de ideas e experiencias, co fin de mellorar o servizo prestado á cidadanía. Deste xeito, convocarase de maneira periódica para promover a coordinación.

Na reunión estiveron presentes, ademais da subdelegada do Goberno e o secretario xeral da Subdelegación, José Félix López Araújo:

  • O representante da Delegación provincial de Economía e Facenda, Santiago Valdés
  • O director do Centro penal da Lama, José Ángel Vázquez Yáñez
  • A directora provincial accidental de Muface, Margarita Sánchez Cabezudo
  • O comisario provincial da Policía Nacional de Pontevedra, Manuel Bouzas
  • O coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Miguel Estévez
  • O xefe da Inspección Provincial de Traballo, José María Casas de Ron
  • O director do Fogasa, Sebastián Mayo
  • A directora do Servizo Público de Emprego Estatal, Mercedes Juesas
  • A directora do ISM de Vigo, Rosa María Alonso Aragón
  • O director do ISM de Vilagarcía, Carmelo Castro
  • O representante do Instituto de Investigacións Mariñas, Alejandro Rodríguez
  • A directora da Misión Biolóxica de Galicia, Elena Cartea
  • O director provincial do INSS, Luís Pérez
  • A secretaria provincial da Tesourería da Seguridade Social, Dores Rocha
  • A xefa do servizo provincial de Costas, Cristina Paz-Curbera
  • A directora do Centro Oceanográfico de Vigo, María Vitoria Besada
  • O xefe provincial da Inspección das Telecomunicacións, Daniel Díaz
  • O xefe da Unidade de Estradas do Estado, Pablo Domínguez
  • O capitán marítimo de Vigo, Juan José Escolar Calzón
  • O representante da Capitanía Marítima de Vilagarcía, Manuel Calderón
  • O avogado do Estado, Juan José Vázquez Seijas