Interceptan en Poio dous condutores co permiso caducado ou sen puntos

Poio
01 de marzo 2020

Estas foron dúas das intervencións que a Policía Local levou a cabo a través dunha serie de controis que foi realizando nos últimos días. Todas estas infraccións foron comunicadas a Tráfico ou aos xulgados, en función da gravidade de cada un destes episodios

Control da Policía Local de Poio nas inmediacións da Barca
Control da Policía Local de Poio nas inmediacións da Barca / Policía Local de Poio

Axentes da Policía Local de Poio interceptaron durante esta semana de  Entroido a dous condutores que circulaban polas estradas do municipio a pesar de que o seu permiso de conducir perdera a súa vixencia, ben porque caducara ben por carecer de puntos.

Estas foron dúas das intervencións que a Policía Local levou a cabo a través dunha serie de controis que foi realizando nos últimos días.

Así, ademais destes dous condutores sen carné, os axentes descubriron dous coches sen o seguro obrigatorio e varios coa ITV caducada.

Ademais, tres persoas deron positivo nas probas de alcoholemia e unha máis por drogas.

Todas estas infraccións foron comunicadas a Tráfico ou aos xulgados, en función da gravidade de cada un destes episodios.