Interceptan por segunda vez a un veciño da Illa conducindo sen carné

O Salnés
20 de abril 2022

Trátase dun home de 51 anos que xa fora sancionado polo mesmo motivo no mes de setembro e ao que se lle investiga por un presunto delito contra a seguridade viaria

Policía Local da Illa de Arousa
Policía Local da Illa de Arousa / Mónica Patxot

A Policía Local da Illa de Arousa detivo este mércores, mentres realizaba labores de seguridade cidadá, a un veciño de 52 anos ao que observaron aos mandos dun vehículo.

Tratábase dun home coñecido que xa fora cazado unha vez conducindo sen carné. Ao darlle o alto, os axentes comprobaron que carecía de permiso de circulación porque nunca o obtivo, polo que lle comunicaron a imputación dun presunto delito contra a seguridade viaria.

Este veciño de 52 anos que xa fora detido no mes de setembro polo mesmo motivo pasará a disposición nas próximas datas a disposición xudicial.