Interésache o emprendemento empresarial? A Xunta distribúe microguías de asesoramento

Pontevedra
10 de agosto 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais fixo entrega este venres de varios exemplares físicos na sede de APE Galicia en Pontevedra

Pablo Fernández, secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais na sede de APE Galicia en Pontevedra
Pablo Fernández, secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais na sede de APE Galicia en Pontevedra / Xunta de Galicia

Co obxectivo de impulsar o emprendemento empresarial, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Relacións Laborais editou unhas microguías con asesoramento múltiple, tanto para quen queira iniciar un proxecto como para quen xa o fixeron. Por iso, o secretario xeral deste departamento do goberno autonómico, Pablo Fernández, fixo entrega este venres de varios exemplares físicos ao presidente da Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia, José Ramón  Caldas, na sede desta entidade en Pontevedra.

Ofrécese información sobre que fórmulas empresariais existen, características, vantaxes e inconvenientes de cada unha delas, normativa aplicable, obrigacións fiscais, tramitación dixital, protección da información, cuestións básicas laborais, contables e financeiras, contratos, acordos comerciais e mesmo transmisión de negocios que xa estean en funcionamento.

Estas microguías, ademais de estar dispoñibles en formato físico, tamén se poden consultar na web da Rede de Polos de Emprendemento da Xunta.