Intervención artística e floral na Ferrería para conmemorar o Día do Medio Ambiente

Pontevedra
03 de xuño 2022

O Concello de Pontevedra anuncia, ademais, que se vai sumar ao "apagón" convocado para concienciar sobre o consumo de enerxía no marco do proxecto europeo People and Planet. Será o domingo, a partir das 23.00 horas

Yoya Blanco, Iván Puentes, Tino Fernández e Marcos Rey nos xardíns de San Francisco
Yoya Blanco, Iván Puentes, Tino Fernández e Marcos Rey nos xardíns de San Francisco / Concello de Pontevedra

Un enorme globo terráqueo que se sostén sobre unha man é o elemento máis salientable da intervención que se levou a cabo nos xardíns de San Francisco con motivo da celebración, este domingo 5, do 50 aniversario do Día Mundial do Medio Ambiente. 

A firma especializada  Troquiña realizaba este traballo cunha composición floral con diferentes especies e un cartel no que figura o lema 'A Terra é quen máis ordena!', dentro da campaña Vos  Xardíns que  Falan. 

Iván Puentes, concelleira de  Desenvolvemento Sostible, acompañado polo tenente de alcalde, Tino Fernández, e os concelleiros  Yoya Blanco e Marcos Rey, achegábanse ata a zona para comprobar esta intervención dentro dun proxecto que pretende converter os xardíns da rede Verde Urbano de Pontevedra en espazos dinámicos e reivindicativos.

APAGAMENTO DOMINICAL

O  Concello de Pontevedra tamén anuncia que se sumará este domingo ao "apagamento" convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro da campaña #OnlyOneEarth. Será a partir das 23.00 horas do domingo 5.

A esa hora suspenderase a iluminación pública de edificios como o Concello, prazas, igrexas, torres e monumentos coa finalidade de concienciar á cidadanía sobre o consumo de enerxía e a importancia da loita contra o cambio climático.