Intervención de limpeza en Otero Pedrayo na madrugada do xoves

Pontevedra
09 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

A zona de estacionamento estará valada durante a semana alertando da prohibición de aparcamento nas horas previas á realización dos traballos de limpeza. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal, segundo informa a concellería de Limpeza

Obras na rúa Otero Pedrayo
Obras na rúa Otero Pedrayo / Concello de Pontevedra - Arquivo

Máquinas de varrido e limpadoras de auga a presión traballarán durante a madrugada deste xoves 11 de abril nas beirarrúas, cunetas e calzada das rúas Otero Pedrayo e Entrevías de Pontevedra.

Trátase dunha nova intervención intensiva programada pola concellería de Limpeza, que dirixe Xaquín Moreda.

Desde o Concello de Pontevedra alertan de que a zona de estacionamento estará valada durante a semana para prohibir o aparcamento durante as horas anteriores á execución dos traballos.

Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal, alertan desde a concellería, que solicita a colaboración veciñal e tamén dos condutores para garantir un bo resultado nesta intervención.