Invasión corsaria nas rúas de Marín

Marín
17 de agosto 2024

Celebración pirata en Marín este sábado 17 de agosto co día grande da Festa Corsaria 2024, cunha vila engalanada para a ocasión e con ganas de gozar dun evento plenamente consolidado xa no calendario festivo da comarca

Festa Corsaria de Marín 2024
Festa Corsaria de Marín 2024 / Cristina Saiz

Celebración pirata en Marín este sábado 17 de agosto co día grande da Festa Corsaria 2024.

A vila vestiu as súas mellores galas para gozar dun evento que está xa plenamente consolidado xa no calendario festivo da comarca.

A xornada arrancaba ás 11.30 horas cunha programación que se prolongaba ata a madrugada e que contaba cun mercado corsario, obradoiros, atraccións infantís, pasarrúas e animación continua.

O bo tempo animou aínda máis a participar nunha Festa Corsaria que contou con máis de 1.300 persoas comendo nas mesas habilitadas na rúa, segundo cifras do goberno municipal, con máis de 70 mesas montadas por particulares e a trintena de establecementos hostaleiros involucrados.

A eles sumáronse veciños e visitantes que, vestidos de pirata ou simplemente acompañando a celebración, gozaron da xornada na que Marín regresaba por unhas horas aos séculos XVIII e principios do XIX coas xestas de Juan Gago de Mendoza.