Investigado por un delito ambiental por querer pintar o coche na rúa

Sanxenxo
11 de xuño 2024

Segundo informou o Concello de Sanxenxo, o investigado é un veciño de Santiago e atopábase co seu vehículo nun vial do parque empresarial de Nantes

Investigado por un delito ambiental por querer pintar o coche na rúa
Investigado por un delito ambiental por querer pintar o coche na rúa / Concello de Sanxenxo

A Policía Local de Sanxenxo investiga a un home por unha posible infracción contra o medio ambiente.

Segundo informou o Concello de Sanxenxo, o investigado é un veciño de Santiago que pretendía pintar o seu coche na vía pública.

Concretamente atopábase co seu vehículo nun vial do parque empresarial de Nantes.

Este home xa tiña o coche disposto cos cristais tapados e o material listo, cando foi sorprendido pola Policía Local.