Investigan a morte dun sen teito localizado no exterior de Pasarón

Pontevedra
07 de xaneiro 2017

A Policía Local de Pontevedra foi o primeiro corpo policial en acudir ao lugar, no exterior de Pasarón  pola zona norte e a rúa Luís Otero, e posteriormente fíxose cargo da investigación a Policía Nacional e o Xulgado de Garda, que decretou o levantamento do cadáver 

Zona de Pasarón onde apareceu o sen teito
Zona de Pasarón onde apareceu o sen teito / PontevedraViva

A Policía Nacional ten aberta unha investigación para determinar a identidade e as causas da morte dun sen teito que apareceu morte na tarde deste venres, día de Reis, no exterior do estadio municipal de Pasarón. Todo apunta a que se trata dunha morte natural na que non hai ningún tipo de violencia, pero haberá que esperar ao resultado da autopsia para poder confirmalo. 

A Policía Local de Pontevedra foi o primeiro corpo policial en acudir ao lugar, no exterior de Pasarón  pola zona norte e a rúa Luís Otero, e posteriormente fíxose cargo da investigación a Policía Nacional e o Xulgado de Garda, que decretou o levantamento do cadáver. 

A última hora da mañá deste sábado aínda non se lle practicara a autopsia no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) e a Policía Científica seguía tentando verificar ao 100% a identidade do falecido. Todo apunta a que se trata dun home natural de Marín que levaba tempo durmindo nesa zona e que este venres faleceu por causas naturais.  

Esta mesma semana, o 2 de xaneiro, apareceu morto na zona na que adoitaba durmir na rúa un coñecido aparcacoches da zona de Campolongo. A autopsia concluíu que foi por causas naturais.