"It is the Galician's dancing"

Pontevedra
04 de xuño 2016

A muiñeira, o baile dos galegos, xunto ao seu traxe tradicional tomaron este venres a cidade de Pontevedra dando cita a grupos de toda a comarca reunidos ao redor desta clásica exaltación folclórica

Día da muiñeira
Día da muiñeira /

"It is the Galician's dancing", explicaba unha turista á súa compañeira mentres se afanaba en sacar fotos.

A muiñeira, o baile dos galegos, xunto ao seu traxe tradicional tomaron este venres a cidade de Pontevedra dando cita a grupos de toda a comarca reunidos ao redor desta clásica exaltación folclórica.

O evento arrincou ás 20 horas na praza do Teucro e seguiu cun pasarrúas por Princesa, Isabel II, Sarmiento, praza de Méndez Núñez, Don Gonzalo, Curros Enríquez, Fernández Villaverde e Michelena.

Xa na avenida de Montero Ríos comezou a demostración dos grupos participantes.

Os bailaríns interpretaron distintas danzas en función das súas idades: os menores de 8 anos a Muiñeira Mariñán, a de Fozara os que teñen entre 8 e 13 anos e a de Mandiá os maiores de 13.