Iván Liu Zhu, alumno do Carlos Oroza, campión do Concurso Nacional de cociña con Xata Roxa

Pontevedra
22 de novembro 2014

Trátase do primeiro concurso nacional de cociña con Carne de Xata Roxa que se celebra no concello de Mieres e o estudante da escola pontevedresa obtivo o premio ante aspirantes doutras 28 escolas de hostalería

Iván Liu Zhu recibe o premio do Concurso Nacional de cociña con Xata Roxa
Iván Liu Zhu recibe o premio do Concurso Nacional de cociña con Xata Roxa

Iván Liu Zhu, un novo alumno do Centro de Hostalaría Carlos Oroza, situado nas instalacións da cidade infantil Príncipe Felipe, converteuse no campión do Concurso Nacional de cociña con Xata Roxa que se desenvolveu durante este venres 21 de novembro no concello de Mieres, en Asturias.

Trátase dun estudante de segundo curso do Centro integrado de Formación Profesional de Hostalaría-Turismo e Industrias alimentarias que logrou vencer aspirantes doutras 28 escolas que se presentaban ao concurso.

O concurso forma parte das primeiras Xornadas de Xata Roxa, que se celebran no municipio asturiano coa participación de máis de vinte restaurantes.

Xata Roxa é unha marca amparada pola Indicación Xeográfica Protexida "Tenreira Asturiana", que protexe a carne producida en Asturias sobre a base das razas autóctonas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora