Jacobo Moreira, confirmado como candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra

Pontevedra
30 de xaneiro 2015

O PP xa ten candidato en Pontevedra. O partido confirmou este venres que o actual voceiro na corporación municipal, Jacobo Moreira, será que lidere a súa candidatura á Alcaldía de Pontevedra nas próximas eleccións de maio

Jacobo Moreira, voceiro municipal do PP en Pontevedra
Jacobo Moreira, voceiro municipal do PP en Pontevedra /

O PP xa ten candidato en Pontevedra. O partido confirmou este venres que o actual voceiro na corporación municipal, Jacobo Moreira, será quen lidere a súa candidatura á Alcaldía de Pontevedra nas próximas eleccións de maio.

Este anuncio era unha mera formalidade, xa que diferentes dirixentes do PPdeG mostraran publicamente o seu apoio a Jacobo Moreira, especialmente dende que foi nomeado presidente local da formación popular.

A confirmación oficial da noticia produciuse despois da xuntanza que mantiveron esta tarde os membros do comité electoral do PP en Pontevedra, que acordou propoñer a Moreira como cabeza de lista na capital da provincia.

A decisión será trasladada ao comité electoral nacional que referendará o nomeamento nos próximos días.