Barro recupera a normalidade co retorno da súa festa máis emblemática, a Festa do Viño. Así, o viño volverá protagonizar a semana grande Barro os días 16, 17, 18 e 19 de xuño con máis actividades que nunca.
Nos vindeiros días o Concello de Barro irá dando a coñecer a programación da XLIII edición da Festa do Viño, unha programación da que se pode adiantar que o músico local Johnny Güimil será a persoa encargada de ler o pregón.
Retornará tamén a promoción e degustación dos viños de Barro e do conxunto da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Ademais, o Concello e as adegas e hostalaría locais xa están traballando nunha campaña de promoción dos viños de Barro similar á que se celebrou o pasado ano e que que obtivo unha resposta excepcioanal por parte do público.